jueves, 21 de mayo de 2020

HOXE É O DÍA DA ASCENSIÓN

Celebramos esta festa 40 días despois do Domingo de Resurrección e recordamos a ascensión de Xesús ao ceo en presenza dos seus discípulos.







domingo, 17 de mayo de 2020

PENTECOSTE

A TRAVÉS  DA  SEGUINTE ACTIVIDADE LEMBRAREMOS  O  DÍA  DE  PENTECOSTE. A DIVERTIRSE  FACÉNDOA!!!!!

1.- Copia esta imaxe de Xesús   resucitado nunha folla e debúxate ti ao seu carón.  Píntaas coas cores máis bonitas!






2.- Busca as palabras que faltan na seguinte sopa de letras.





PASATEMPOS DIVERTIDOS



Boa tarde!  Como sabemos  que  vos  gustan  as sopas de letras, aquí vos  deixamos dúas . Así repasamos un pouco a historia de MOISÉS.











viernes, 15 de mayo de 2020

miércoles, 6 de mayo de 2020

Bos días! Deixámosvos novas actividades e gustaríanos moito que nos mandárades algúns dos vosos traballos ao correo para publicalos. Agardámosvos!

"SAÚDO AO SOL"

Como nos atopamos nun tempo especial, aquí vos deixamos outro vídeo para calmarnos, relaxarnos e centrarnos. É interesante tomalo como unha rutina, xa que ten moitos beneficios. Animádevos!



"CUIDADO MIS OJITOS,..."

Logo de escoitar a canción, debuxaremos nun folio uns ollos, unha boca, oídos, mans, pés e escribiremos frases de como podemos facer ben aos demais con cada un deles.



SUPER PEPO Y LA ORQUESTA ARMONÍA

Gustouvos  o anterior vídeo de Super Pepo? A ver que vos parece este! Ao remate, podedes debuxar a Clara coas gafas negras xunto a Pepo.



LA PALETA DE DON JACOBO, ACTIVIDADE PARA INFANTIL

Bos días! Que vos parece escoitar esta canción e debuxar un fermoso arco da vella seguindo as instrucións? Podedes enviarnos ao correo os vosos debuxos para que os colguemos no blog.


viernes, 1 de mayo de 2020

O domingo celebramos o Día da Nai e sería un fermoso xesto que lle dedicárades esta peza e bailárades con ela, seguro que lles fai ilusión. É unha forma orixinal de desmostrarlle canto a queredes. Podedes facerlle tamén un debuxo, unha manualidade, recoller unhas flores do campo,... O que a vós vos apeteza, sodes quen mellor a coñecedes! Que vos parece? Xa nos contaredes...