viernes, 19 de junio de 2020

Querid@s alumn@s!
Despois destes meses de traballo, o curso chega á súa fin e as profesoras estamos moi orgullosas do voso comportamento e esforzo. Sabemos que foron momentos difíciles e que igual ca nós botastes moitas cousas en falta pero superastes a proba con nota e agora merecédesvos disfrutar das vacacións e desconectar para chegar de novo en setembro con moitas ganas.
Desexamos que os compañeir@s de 6º teñan moita sorte na nova etapa que van comezar no instituto e que saiban que sempre estaremos aquí para o que precisen.
Coidádevos moito e sede felices, bo verán!
Un biquiño moi forte de Gemma e Mari Carmen.