Bos días! Víchedes xa o vídeo cos vosos refráns? Gústanos moito!!
Benvid@s ao blogue de relixión do CEIP Plurilingüe de Outes. Por mor das circunstancias actuais,empregaremos este soporte para facervos chegar algunhas propostas de traballo e enlaces a páxinas web de interese educativo. Informarvos que a súa realización é voluntaria. Non é preciso imprimilos e podedes usar un caderno ou folios para a súa resolución. Para resolver dúbidas podedes contactar comigo na dirección de correo electrónico relixionoutes@gmail.com
viernes, 15 de mayo de 2020
REFRANEIRO DE OUTES. LETRAS GALEGAS 2020
Bos días! Víchedes xa o vídeo cos vosos refráns? Gústanos moito!!
miércoles, 6 de mayo de 2020
"SAÚDO AO SOL"
Como nos atopamos nun tempo especial, aquí vos deixamos outro vídeo para calmarnos, relaxarnos e centrarnos. É interesante tomalo como unha rutina, xa que ten moitos beneficios. Animádevos!
"CUIDADO MIS OJITOS,..."
Logo de escoitar a canción, debuxaremos nun folio uns ollos, unha boca, oídos, mans, pés e escribiremos frases de como podemos facer ben aos demais con cada un deles.
SUPER PEPO Y LA ORQUESTA ARMONÍA
Gustouvos o anterior vídeo de Super Pepo? A ver que vos parece este! Ao remate, podedes debuxar a Clara coas gafas negras xunto a Pepo.
LA PALETA DE DON JACOBO, ACTIVIDADE PARA INFANTIL
Bos días! Que vos parece escoitar esta canción e debuxar un fermoso arco da vella seguindo as instrucións? Podedes enviarnos ao correo os vosos debuxos para que os colguemos no blog.
viernes, 1 de mayo de 2020
O domingo celebramos o Día da Nai e sería un fermoso xesto que lle dedicárades esta peza e bailárades con ela, seguro que lles fai ilusión. É unha forma orixinal de desmostrarlle canto a queredes. Podedes facerlle tamén un debuxo, unha manualidade, recoller unhas flores do campo,... O que a vós vos apeteza, sodes quen mellor a coñecedes! Que vos parece? Xa nos contaredes...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)