Benvid@s ao blogue de relixión do CEIP Plurilingüe de Outes. Por mor das circunstancias actuais,empregaremos este soporte para facervos chegar algunhas propostas de traballo e enlaces a páxinas web de interese educativo. Informarvos que a súa realización é voluntaria. Non é preciso imprimilos e podedes usar un caderno ou folios para a súa resolución. Para resolver dúbidas podedes contactar comigo na dirección de correo electrónico relixionoutes@gmail.com
jueves, 21 de mayo de 2020
HOXE É O DÍA DA ASCENSIÓN
Celebramos esta festa 40 días despois do Domingo de Resurrección e recordamos a ascensión de Xesús ao ceo en presenza dos seus discípulos.
martes, 19 de mayo de 2020
RELIXIÓNS DO MUNDO
Deixámosvos aquí unha actividade interactiva para aprender algo máis das distintas relixións: orixe, cerimonias, símbolos,...
domingo, 17 de mayo de 2020
PENTECOSTE
A TRAVÉS DA SEGUINTE ACTIVIDADE LEMBRAREMOS O DÍA DE PENTECOSTE. A DIVERTIRSE FACÉNDOA!!!!!

1.- Copia esta imaxe de Xesús resucitado nunha folla e debúxate ti ao seu carón. Píntaas coas cores máis bonitas!
PASATEMPOS DIVERTIDOS
Boa tarde! Como sabemos que vos gustan as sopas de letras, aquí vos deixamos dúas . Así repasamos un pouco a historia de MOISÉS.
viernes, 15 de mayo de 2020
Hoxe, 15 de maio, celebramos o Día da Familia
Como ben dicía a Madre Teresa: "Que podes facer para promover a paz mundial? Vai para a casa e ama á túa familia".
Que vos gustaría dicirlle á vosa familia?
REFRANEIRO DE OUTES. LETRAS GALEGAS 2020
Bos días! Víchedes xa o vídeo cos vosos refráns? Gústanos moito!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






