Benvid@s ao blogue de relixión do CEIP Plurilingüe de Outes. Por mor das circunstancias actuais,empregaremos este soporte para facervos chegar algunhas propostas de traballo e enlaces a páxinas web de interese educativo. Informarvos que a súa realización é voluntaria. Non é preciso imprimilos e podedes usar un caderno ou folios para a súa resolución. Para resolver dúbidas podedes contactar comigo na dirección de correo electrónico relixionoutes@gmail.com
viernes, 3 de abril de 2020
DOMINGO DE RAMOS
Ola! Que tal estades tod@s? Esperamos que a pesar das circunstancias vos encontredes moi ben! Este ano non poderemos celebrar o Domingo de Ramos na igrexa pero si que podemos facer unha palma na casa, aínda que sexa a modo simbólico, e poñela na ventá. Seguro que vos gusta a actividade, faise rápido e queda moi chula. Animámosvos a que as fagades e a compartades no blog. Moito ánimo e desexarvos unha Feliz Pascua. Apertas para tod@s!
IMOS FACER UNHA PALMA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario