viernes, 1 de mayo de 2020

O domingo celebramos o Día da Nai e sería un fermoso xesto que lle dedicárades esta peza e bailárades con ela, seguro que lles fai ilusión. É unha forma orixinal de desmostrarlle canto a queredes. Podedes facerlle tamén un debuxo, unha manualidade, recoller unhas flores do campo,... O que a vós vos apeteza, sodes quen mellor a coñecedes! Que vos parece? Xa nos contaredes...




lunes, 20 de abril de 2020

"EMOTICANTOS: EL BAILE DE LAS EMOCIONES"


BOTÁMOSLLE UN BAILE?

Nun folio iredes debuxando as distintas emocións facéndovos conscientes de cada unha cando xurdan ao longo do día. Sería importante reforzar as que vos fagan sentir ben.

"FRASCO DE LA CALMA"



Esta actividade está pensada para relaxarnos. Podemos usar o frasco cada vez que nos sintamos mal, por que non probades?
Sería bo ter o frasco nun lugar visible para centrar a vista nel e así volver á calma.

"SUPER PEPO Y MICA"




Despois de ver o vídeo os nen@s de Infantil imos debuxar a Pepo coa súa capa.


viernes, 17 de abril de 2020

TODO VAI SAÍR BEN!

Botámosvos moito de menos e por iso quixemos darvos esta sorpresa. Esperamos que vos guste!  Moito ánimo e un bico enorme.

viernes, 3 de abril de 2020

DOMINGO DE RAMOS


Ola! Que tal estades tod@s? Esperamos que a pesar das circunstancias vos encontredes moi ben! Este ano non poderemos celebrar o Domingo de Ramos na igrexa pero si que podemos facer unha palma na casa, aínda que sexa a modo simbólico, e poñela na ventá. Seguro que vos gusta a actividade, faise rápido e queda moi chula. Animámosvos a que as fagades e a compartades no blog. Moito ánimo e desexarvos unha Feliz Pascua. Apertas para tod@s!


IMOS FACER UNHA PALMA